Arranca Directos Xacobeo’21 nas salas
28/07/2020
O ciclo XACOBEO’21 en SALAS comeza a súa andaina con 9 citas musicais no mes de Xullo.
A Coruña, Lugo, Bueu e o Barco de Valdeorras serán as primeiras localidades que acollerán os directos deste ciclo, coordinado pola Asociación Galega de Salas de Concertos e á financiado integramente pola Xunta de Galicia a través do Plan de Reactivación dos Sectores Cultural e Turístico do Goberno galego.
O ciclo de concertos Xacobeo 21 nas Salas arrinca a súa andaina este próximo martes, 28 de xullo, co directo de Fachendoso no Café Baixo 5, no Barco de Valdeorras. Será o primeiro dunha longa lista de directos que abarcarán ata o mes de outubro, e que forman parte do Plan de Reactivación dos Sectores Cultural e Turístico do Goberno galego.
O ciclo, coordinado por Clubtura, busca reactivar o sector das salas de concertos galego, afectado de forma especialmente intensa tras a crísis do COVID-19, programado bandas galegas, e realizando gravacións de todos os concertos, que poderán verse a través desta web, permitindo así unha maior accesibilidade á cultura galega e á música en directo.