A Xunta de Galicia e Clubtura poñen en marcha Directos Xacobeo’21 en Salas, un proxecto incluído no Plan de Reactivación dos Sectores Cultural e Turístico do Goberno galego, que ten como obxectivo estimular a recuperación da actividade dos profesionais da música en vivo e das salas galegas de concertos fronte aos efectos da crise sanitaria provocada pola Covid-19.
Directos Xacobeo’21 en Salas, é unha rede de concertos nas salas galegas profesionais, protagonizados por bandas galegas, que ten, como motivacións promordiáis:
- Axudar ao ecosistema de salas de concertos e músicos galegos a superar, de xeito económicamente sostible, a actual crise derivada da pandemia mundial COVID19.
- Garantir o acceso do público galego á música en directo, como producto cultural.
- Diversificar o investimento, facendo partícipes do meso ao maior número posible de profesionais do sector.