O Náutico e Salason apostan polo swing, o jazz e o blues nos Directos do Xacobeo’21

08/08/2020

A semana en Pontevedra comeza con Los Hot Chocolates na sala do Grove o mércores, 12 de agosto

En Cangas, o sábado 15 de Agosto, haberá un concerto dobre con Aló Django e Marian Ledesma & Tinaquero Brothers

A provincia de Pontevedra contará con tres directos dentro do programa Xacobeo’21 nas Hot Chocolates salas Náutico e Salason que, nesta ocasión, apostan polo swing, o jazz e o blues. Este ciclo de concertos forma parte do Plan de Reactivación dos Sectores Culturais e Turístico da Xunta de Galicia. Unha aposta financiada integramente polo Goberno galego e coordinado pola Asociación Galega de Salas de Concertos.

A primeira das actuacións terá lugar o mércores 12 de agosto na sala Náutico, O Grove, onde actuarán Los Hot Chocolates. Unha orquestra ao estilo dos anos 20 que pretende facer chegar ao público unha música agradable e divertida, sen que por elo falte a calidade interpretativa de todos os seus compoñentes. Conta cunha sección rítmica, soporte de toda a orquestra, dous seccións de ventos e dúas voces. A formación consegue facer viaxar ao público a aquela época dos primeiros anos do Cotton Club de Nova Iork, onde as grandes orquestra do xénero actuaban regularmente.

O ciclo Xacobeo’21 desprázase a Cangas o sábado 15 de agosto cun concerto dobre na sala Salason. O primeiro será o de Aló Django. Un proxecto galego que busca a inspiración no jazz e na música dos xitanos manouche centroeuropeos –o chamado gypsy swing-, un estilo lírico, alegre e acústico cuxo máximo representante é o mítico guitarrista Django Reinhardt. Aló Django ten como obxectivo fundamental difundir a música manouche, a través dun concerto con moito swing e humor.

A continuación, subiranse ao escenario Marian Ledesma & Tinaquero Brothers. Un proxecto froito da casualidade, cando se coñeceron nun concerto de Carlos Childe no Joana’s Place n 2007. Despois de que Marian lles propuxera unha colaboración aquel día, o trío tense consolidado nunha infinidade de directos nos que cada artista aporta a súa forma de sentir a música, pero sempre desde unha linguaxe común: o blues. A súa experiencia escénica e o seu estilo súmanse a un son auténtico e inigualable. A voz feminina de Marian Ledesma recorda a aquelas deusas do algodón como Bessi Smith, sen deixar de lado os sons máis tradicionais inspirados en Roberto Johnson, DocWtason ou Muddy Waters, entre outros.

Entradas recomendadas