Bases da convocatoria de salas de concertos

A Xunta de Galicia e Clubtura pon en marcha Directos Xacobeo’21 en Salas, un proxecto incluído no Plan de Reactivación dos Sectores Cultural e Turístico do Goberno galego, que ten como obxectivo estimular a recuperación da actividade dos profesionais da música en vivo e das salas galegas de concertos fronte aos efectos da crise sanitaria provocada pola Covid-19. A Xunta achega a totalidade do financiamento deste programa, en tanto que Clubtura asume a súa organización.

As presente bases regulan a admisión de salas de concertos dentro do programa Directos Xacobeo’21 en Salas. Todas as salas que decidan presentarse a esta convocatoria asumen e aceptan as presentes bases, e se comprometen a cumprir coa normativa do proxecto tal e como se detalla neste documento.

Condicións de participación

  • Poderán inscribirse todas aquelas salas de concertos profesionais de Galicia que o desexen, que acrediten ter programado un mínimo de 25 concertos con entrada de pago no pasado 2019.
  • Admitiranse un máximo 40 salas participantes. En caso de presentarse máis de 40 solicitudes, aquelas que conten con menos puntuación quedarán eliminadas da selección final.
  • Todos os concertos programados deberán ser de pago, cunha billeteira con entrada mínima de 3€, e sen tope máximo de custo da entrada. A billeteira resultante será responsabilidade e beneficio da sala de concertos.
  • As salas participantes serán responsables do pagamento dos dereitos de autor pertinentes, cando así se estipule, atendendo aos contratos, acordos e convenios que a mesma teña asinados coas entidades de xestión responsables.
  • A sala deberá esixir aos artistas programados a alta na seguridade social, que deberá ser remitida á organización antes da celebración do concerto.
  • Todos os pagamentos realizados pola sala -caché dos artistas- deberán ser realizados previa presentación de factura por parte do artista ou artistas contratados, e mediante transferencia bancaria -nunca en efectivo-.
  • Todas as salas participantes comprométense a cumprir coas normas, atender aos requirimentos da organización e presentar toda a documentación requirida.
  • As salas participantes comprométense a facilitar o traballo dos equipos técnicos responsables da gravación dos concertos.
  • As salas participantes comprométense a acordar co artistas programados os horarios de probas de son.
  • As salas participantes comprométense a situar no escenario os corpóreos de promoción do ciclo que lles sexan proporcionados, en lugar visible, así como a coidar do seu bo estado.
  • As salas participantes comprométense a enviar imaxes fotográficas do concerto nas que se acredite o posicionamento.
  • As salas participantes comprométense a remitir á organización informe de billeteira tras a celebración do concerto.
  • As salas participantes comprométense a publicitar nas súas redes sociais e páxinas web os concertos programados dentro do ciclo, facendo constar o nome do mesmo, e o dos organizadores y coordinadores: Xunta de Galicia, Xacobeo 21 e Clubtura.

Documentación a presentar

  • Ficha de solicitude cuberta.
  • Documentación acreditativa da antigüidade da sala -carteis nos que figure a data, noticias de prensa nas que se acredite a data, licenza de actividade que acredite a data-.
  • Documentación acreditativa dos concertos de pago programados no 2019.
  • Declaración responsable de atoparse en situación legal de poder realizar concertos en condicións de legalidade.
  • Declaración responsable de aforo legal.
  • Declaración responsable de condicións técnicas do local.

Fórmula de presentación

A devandita documentación debe remitirse, dentro das datas establecidas para elo, ao correo electrónico salas@directosxacobeo.com, dentro do prazo establecido. É dicir, entre o martes 16 de xuño e ás 23:59 horas do venres 19 de xuño.

Valoración das solicitudes

As solicitudes presentadas serán baremadas segundo os seguintes 4 criterios obxectivos:

  • Entre 25 e 40 concertos no 2019: 10 puntos
  • Entre 41 e 60 concertos no 2019: 30 puntos
  • Mais de 60 concertos no 2019: 60 puntos
  • Entre 1 e 5 anos de vida: 10 puntos
  • Entre 6 e 15 de vida: 20 puntos
  • Mais de 16 anos de vida: 30 puntos
  • Menos de 100 persoas: 10 puntos
  • Entre 100 e 200 persoas: 20 puntos
  • Mais de 200 persoas: 40 puntos

Cos resultados obtidos, presentarase unha listaxe final de 40 salas participantes -como máximo-, que serán divididas en tres tramos orzamentarios:

600€ por concerto en concepto de gastos de produción de sala + orzamento para programación.

750€ por concerto en concepto de gastos de produción de sala + orzamento para programación.

950€ por concerto en concepto de gastos de produción de sala + orzamento para programación.

Todos os orzamentos son con IVE incluído.

O epígrafe “produción de sala” contempla o pagamento do técnico de son, que deberá contar con alta na seguridade social, ben como autónomo ou ben como persoal contratado pola sala. Os seus honorarios deberán ser abonados mediante transferencia bancaria, previa presentación de factura no caso do autónomo, ou previo contrato no caso por persoal propio. Contempla tamén os posibles gastos derivados de dereitos de autor.

A organización fará pública a listaxe final coas puntuacións obtidas e os orzamentos asignados ao remate do proceso de selección.

As salas cobrarán o seu orzamento en dous prazos: o 50% no momento de comezar a programación, e o 50% unha vez rematada a mesma, previa presentación de factura á organización.

A sala deberá abonar as facturas dos artistas contratados nun prazo máximo de 30 días a contar dende a celebración do concerto, previa presentación por parte do artista da correspondente factura, e mediante abono bancario.

Condicións de programación

Co orzamento de programación asignado unha vez realizada a baremación final, a sala deberá programar un mínimo de 3 concertos e un máximo de 4, dentro das datas indicadas no proxecto, tendo en conta que o 50% dos mesmos deberán ser realizados antes do 30 de setembro. (Se se realizan 3 concertos, 1 deberá ser antes do 30 de setembro)

Os artistas programados deberán ser seleccionados de entre aqueles que presenten a súa solicitude de participación no proxecto -as salas participantes contarán cunha listaxe completa-, tendo en conta as seguintes características:

Ningún artista poderá ser contratado por debaixo dos cachés mínimos establecidos:

  • Solista: 175€
  • Duo: 320€
  • Trío: 480€
  • Cuarteto: 640€
  • Quinteto: 800€
  • Máis de 6 membros: 150€ por membro

Nin por riba do tope salarial máximo acordado, que ascende a 2.500€, independientemente do número de músicos membros do proxecto.

Todos os cachés son con IVE incluido.

Non se permitirá a contratación de ningún artista que non figure no listado de solicitudes admitidas.

Ningún artista poderá contar con máis de 2 concertos programados dentro do ciclo. En caso que existir tres salas interesadas nunha mesma banda, considerarase prioritarias as solicitudes chegas en primeiro momento, acreditado pola hora de envío do correo electrónico, sempre que cumpra todos os requisitos.

Non poderá haber máis de 2 concertos programados dentro do ciclo na mesma xornada. En caso de coincidencia programática, considerarase prioritarias as solicitudes chegas en primeiro momento, acreditado pola hora de envío do correo electrónico, sempre que cumpra todos os requisitos.

As salas contarán cos dous prazos de programación:

  • Primeiro prazo: do 25 de xuño ao 30 de xuño
  • Prazo de axuste: do 2 de xullo ao 7 de xullo
  • Prazo de celebración dos concertos: do 8 de xullo ao 30 de outubro

As salas deberán remitir a súa programación por correo electrónico ao enderezo salas@directosxacobeo.com, cubrindo base de datos en excel proporcionada pola organización, sempre antes do peche do primeiro prazo.

O segundo prazo está destinado a axustar as posibles coincidencias de axenda, e suporá unha labor de colaboración das salas e artistas coa organización do proxecto, que se reserva a disposición de establecer excepcións, de xeito absolutamente único e solo e exclusivamente en caso de que non exista posibilidade algunha de axuste.

En caso de coincidencia de programacións, terán preferencia as salas que teñan enviado antes a documentación. En caso de igualdade de condicións, terase en conta a sala con máis programación -catro concertos-.

Cada sala deberá asinar un contrato -proporcionarase modelo- cos artistas programados, antes da celebración do concerto. Esta documentación deberá ser remitida á organización, xunto coas facturas acreditativas, os xustificantes de pago e as altas na seguridade social.

Penalización

  • O incumprimento de calquera dos puntos arriba indicados acarreará a expulsión inmediata do ciclo, e a reclamación do orzamento xa abonado.
  • Non se abonará ningún concerto non celebrado.

Ficha de solicitude