Bases da convocatoria de servizo de gravación e edición de directos

A Xunta de Galicia e Clubtura pon en marcha Directos Xacobeo’21 en Salas, un proxecto incluído no Plan de Reactivación dos Sectores Cultural e Turístico do Goberno galego, que ten como obxectivo estimular a recuperación da actividade dos profesionais da música en vivo e das salas galegas de concertos fronte aos efectos da crise sanitaria provocada pola Covid-19. A Xunta achega a totalidade do financiamento deste programa, en tanto que Clubtura asume a súa organización.

As presente bases regulan a contratación do servizo de gravación e edición de todos os concertos programados dentro do ciclo, segundo as seguintes características.

Condicións de participación

  • Poderán participar no seguinte concurso todas as empresas galegas de prestación de servizos técnicos culturais que o desexen, sempre que teñan a súa sede fiscal en Galicia, estean ao corrente nas súas obrigas fiscais, e cumpran cos requisitos recollidos neste documento.
  • Todo o persoal implicado no desenvolvemento do programa -cámaras, realizadores, montadores…- deberá estar dados de alta na seguridade social, ben como traballadores propios ou ben como autónomos, e as súas condicións laborais deberán cumprir co establecido no convenio do sector.
  • As empresas concorrentes deberán acreditar a súa experiencia na gravación de eventos musicais.
  • As ofertas presentadas partirán dun orzamento máximo de 110.000€ (IVE incluído).

Descripción do traballo a realizar

A empresa gañadora do contrato deberá prestar o servicio de gravación e edición de todos concertos programados dentro do ciclo Directos Xacobeo’21 en Salas, segundo as seguintes condicións:

  • A programación total oscilará entre os 100 e os 160 concertos -dependendo do números de salas participantes e a súa capacidade programática, descrita no documentos de admisión de salas. A oferta debe presentarse tendo en conta que o pagamento será global, non por concerto.
  • Os concertos desenvolveranse en salas galegas, en calquera das catro provincias, entre xuño e outubro de 2020.
  • Non se programarán más de 2 concertos no mesmo día, salvo excepción acreditada pola coordinación do proxecto, e previa coordinación co equipo técnico.
  • Cada concerto deberá ser gravado por dúas cámaras ENG operadas por profesionais acreditados, e dúas cámaras fixas.
  • Cada concerto deberá contar cun son acorde ao directo da sala, xa mesturado de mesa ou equivalente. Non serán aceptables as gravacións de son ambiente.
  • Cada concerto deberá ser montado por un profesional -realizador ou montador- seguindo criterios artísticos, e incorporando as infografías necesarias -proporcionarase á empresa o deseño base das mesmas-.
  • Cada gravación final contará con printers e infografías, que, seguindo o criterio estético xeral do proxecto, contemplen o logotipo deseñado, e amosen datos da banda participante e da sala acolledora -proporcionarase á empresa a información necesaria para esta labor-.
  • A montaxe final de cada concerto será entregado á organización nun prazo máximo de 24 horas tras o desenvolvemento do mesmo.
  • A empresa deberá garantir a posibilidade de cubrir 2 concertos simultáneos.

Documentación a presentar

  • Ficha de solicitude cuberta.
  • Declaración responsable de contar co persoal necesario para acometer o traballo, nas condicións arriba descritas (a organización resérvase o dereito a solicitar as altas e condicións laborais do persoal traballador)
  • Documentación acreditativa da experiencia na gravación de eventos musicais.
  • Oferta económica -partindo dun orzamento máximo de 110.000€ (IVE incluído)-
  • Documento de melloras -se procede-.

Fórmula de presentación

A devandita documentación debe remitirse, dentro das datas establecidas, ao correo electrónico tecnico@directosxacobeo.com, dentro do prazo establecido. É dicir, entre o martes 16 de xuño e ás 23:59 horas do venres 22 de xuño.

Valoración das solicitudes

  • A organización establecerá un contrato mercantil coa empresa que, cumprindo con todos os requisitos arriba expostos, presenta a mellor oferta económica.
  • En caso de existir varias ofertas económicas iguais, a organización valorará as melloras propostas polas empresas para determinar a contratación máis axeitada.
  • A organización resérvase o dereito a considerar “baixa temeraria” aquelas ofertas que presenten propostas económicas consideradas “non viables”.

Penalización

En caso de que a empresa gañadora incumpra calquera dos puntos arriba descritos, quedará automaticamente invalidada, non percibindo pagamento algún, e o contrato pasará a ser adxudicado á oferta inmediatamente posterior.

Ficha de solicitude